Día de Andalucía
O Día de Andalucía celébrase o 28 de febreiro e conmemora o día da celebración do referendo sobre a iniciativa do proceso autonómico de Andalucía do ano 1980, que deu autonomía plena á comunidade andaluza.[1] Antes da celebración do referendo este día identificábase máis co 4 de decembro, cando se celebraron as grandes manifestacións autonomistas en 1977.[2]
En moitas vilas e cidades decóranse os balcóns, onde se colga a bandeira de Andalucía nas reixas e ganchos destes, e celébranse concursos de patios andaluces e nos colexios e institutos cantan e tocan a sones de frauta o himno de Andalucía. Nos colexios antes do 28 de febreiro, prográmanse diversas actividades para a conmemoración do día de Andalucía. Hoxe en día é festa en moitas localidades andaluzas. Cómese pan con aceite de oliva nas vilas e cidades e, sobre todo, nos colexios.[3]
Habitualmente coincide coa entrega de Medallas de Andalucía polo goberno autonómico e noméanse fillos predilectos de Andalucía. Tamén se realiza un izado de bandeira no exterior do Parlamento de Andalucía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A Declaración Institucional con motivo do XXVII Aniversario do referendo do 28-F en andaluciajunta.es
- ↑ Andalucía.cc. "Do 4-D ao 28-F. 1977". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2014.
- ↑ "Pan e aceite de oliva para conmemorar o Día de Andalucía nos colexios". Sierra de Cazorla. Ideal.es. 23 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2014. Consultado o 21 de marzo de 2014.